A Biblioteca é un lugar de aprendizaxe permanente, de información, opinión, entretemento e lecer. Un espazo de encontro de toda a comunidade educativa.
O pasado Xoves pola tarde acadábamos o milleiro de volumes catalogados. Despóis de algo máis de dous anos de traballo resulta unha ledicia chegar a este número. O volume mil correspóndese co libro "Cuentos de música y músicos" do autor alemán do Século XIX Ernest Theodor Amadeus Hoffmann... o dos "Contos de Hoffmann" de Offenbach... así aproveito tamén para recomendarvos o libro. Aquí tedes un ligazón á biografía de Hoffmann na Wikipedia e aquí outro aos detalles do rexistro no noso catálogo.
Incorporamos ao noso catálogo a colección "Música clásica galega". Publicada por Boa Recording e a Xunta de Galicia, recolle en dez discos a historia da música en Galicia, dende a Idade Media ata o Século XX. Polo de agora temos só dous títulos: "Música de cámara" e "O romanticismo e o Nacionalismo", pero agardamos ir incorporando pouco a pouco os demáis. É sen dúbida estupendo ter nos andeis da nosa biblioteca estes títulos.
Onte celebramos o primeiro encontro da actividade "Coñece a biblioteca". A pesares de que nin moito menos se encheu a sala, sí contamos cunha variada representación da nosa comunidade educativa, e a experiencia foi sen dúbida moi boa. O caso é que aquí tedes a presentación que empregamos na actividade para que a poidades ver de novo.
O vindeiro Mércores ás 20'30 temos previsto levar a cabo o primeiro encontro da actividade "Coñece a biblioteca". O seu obxectivo é coñecer e aproveitar do mellor xeito posible os recursos que ofrece a nosa biblioteca. Esta actividade, aberta a toda a comunidade educativa, levarase a cabo regularmente ao longo de todo o curso.
Onte, na biblioteca, tivemos a ocasión de disfrutar unha estupenda proxeción... O quinteto con piano D.667 "A troita" de Franz Schubert nunha estupenda e célebre interpretación, a que levaron a cabo no ano 1969 Itzhak Perlman, Pinchas Zukerman, Jacqueline Du Pré, Zubin Mehta e Daniel Barenboim... xa lle chega! A interpretación está recollida nu DVD do selo Opus Arte que se atopa xa nos andeis da nosa biblioteca para que o poidades levar á vosa casa emprestado. En calquera caso, aquí tedes o tema con variacións do cuarto movemento...
Hai uns poucos días que se presentaba na Fundación Juan March, en Madrid, a nova web de Radio Clásica. Está chea de contido moi interesante... a obrigada programación, a radio en directo ademáis de todos os programas xa emitidos para volver escoitalos e mesmo descargalos, podcast, imaxes... O certo é que merece a pena ir visitala. Este é o ligazón á nova da presentación da web, e este outro á web mesma.
Boas novas para as nosas bibliotecas escolares! Onte a ministra Mercedes Cabrera e a nosa conselleira Laura Sánchez Piñón asinaron un acordo para incrementar en 600.000 euros máis a axuda ás bibliotecas escolares da nosa comunidade. Deste xeito, a partida para o 2009 estará nos 2,3 millóns de euros... sen dúbida unha boa nova. Aquí vos vai o ligazón á noticia.
A partires de hoxe 20 de Novembro, na Internet seremos quen de atopar Europeana. Trátase dunha biblioteca, dun arquivo e dun museo. Contén dous millóns de obxectos dixitais incluíndo fotos, pinturas, libros, manuscritos, partituras... procedentes de bibliotecas, arquivos ou museos de toda Europa. Aquí vos vai o ligazón á súa páxina, e se queredes ler algo máis sobre esta nova calcade aquí.
O vindeiro fin de semana terá lugar no Auditorio de Galicia o II Certame Galego de Bandas de Música, reuníndose entre o Venres e o Domingo dezaseis bandas da nosa comunidade. O evento o organiza a Federación Galega de Bandas de Música Populares. Ademáis, na clausura do certame anunciaranse os nomes dos gañadores do I Concurso Galego de Composición. Aquí tedes algúns ligazóns: ao programa e ao libro do certame e á páxina da federación.
Xa sabedes, se durante eses días vos atopades por Santiago, achegádevos polo auditorio...
Aquí tedes un dos últimos materiais que engadimos ao noso fondo. Trátase da serie "Música para principiantes" que publica a editorial húngara Editio Musica Budapest. Hai volumes adicados a diversos instrumentos así como a algunhas pequenas formacións. Cada un dos libros recolle pezas fáciles de moitos compositores, moi interesante para os que comezan a estudar... e tamén para os que ensinan! Polo de agora xa temos dous, o adicado ao clarinete e á trompeta, pero agardamos ir enchendo o catálogo de máis títulos.
Ó longo das súas sesenta e dúas páxinas, a autora, Mª Pilar Alén, lévanos dun xeito moi ameno pola historia da música en Galicia, da antiguedade á época contemporánea. O libro o podedes atopar na sección textos da biblioteca, e aquí tedes o ligazón á OPAC para veres a descrición do rexistro.
O próximo día 10 comeza na nosa cidade o XVIII Festival de Jazz, organizado por EscobiJazz. Ata o día 15 celebraranse diversos e moi interesantes concertos no Auditorio Caixa Galicia, no Círculo das Artes e no Club Clavicémbalo. O programa o podedes descargar calcando neste ligazón. Aproveitade a ocasión de poderes escoitar Jazz en vivo.
Hai xa uns días que publicamos en formato papel a guía da biblioteca para este curso. Hoxe o facemos en formato dixital. Se calcades neste ligazón, descargaredes un pdf coa guía. Ademáis, este curso elaboramos tamén unha guía breve que estamos a repartir a toda a comunidade educativa. Un saúdo... e que vos sexa útil!
...e deste xeito comeza a nosa biblioteca unha nova andaina. Agardamos que este blogue sexa unha útil ferramenta para todos nós: os usuarios e usuarias da biblioteca. Indo xa ó asunto... a partires do vindeiro Mércores poderase solicitar xa o carné de lector da biblioteca. Este como sabedes é necesario para poder levar materiais en empréstito. Para obter o carné só e precisa unha fotografía e traer o carné do conservatorio (ou o do fillo ou filla no caso dos pais e as nais); as follas para solicitalo as podedes coller en conserxería ou na mesma biblioteca. Ademáis, na mesma data publicarase a "Guía da biblioteca". Para nós, a biblioteca e un lugar cheo de recursos para unha aprendizaxe sen libros de texto ou exames; un espazo de encontro aberto a toda a comunidade educativa...
CLUB DE LECTURA "LECTO@S DA ULLOA"
-
*En decembro e xaneiro lemos dúas novelas que recomendamos porque nos
gustaron moito.*
*Trátase de A trenza, de Laetitia Colombani e Golpes de luz, de L...
Booktubers Librionesxs
-
Na biblioteca escolar d*o IES de Brión* o alumnado do *club de lectura*
fala sobre libros e comparte as súas lecturas a través do vídeo e da radio.
...
Adeus co corazón...
-
Ímonos con sabor agridoce. Despois de máis de dous anos traballando no blog
e na biblioteca, con inconmensurables doses de ilusión, chegamos a un
punto no...