Fai xa uns cantos anos, Groucho, Chico e Harpo Marx andaban como tolos a desfacer o tren no que ían para queimalo na locomotora e que así non parase. Nós, aquí, na entrada cento corenta e dous e despois de setecentos oitenta e dous días na Blogosfera, debemos empregar esta bitácora para alimentar de tempo algunhas outras tarefas académicas, sen dúbida, máis básicas; as cousas non deben facerse a pasar, e un blogue, por sinxelo que sexa, queima o seu tempo.
Tres cousas antes de pechar. Unha, se cadra calquera día voltamos (o blogue vai quedar aquí); dous: grazas polos vosos comentarios; tres: non deixamos a Rede... e logo? ...estamos a elaborar un wiki!
E polo de agora nada máis... ata outra!
Pronome de solidariedade e de interese en galego
-
Cantas veces escoitaches frases como *Éche boa cousa!* ou *A nena non me
come nada ben*?
Eses pequenos pronomes —*che e me*— que aparecen sen ter fun...
Hace 2 horas





















