Un saúdo!
Mostrando entradas con la etiqueta Letras Galegas 2010. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Letras Galegas 2010. Mostrar todas las entradas
7/10/10
Aínda as Letras...
14/5/10
...e nós?
...pois nós, na Biblioteca, organizamos unha pequena exposición cos carteis do CPI de Castro Caldelas, e unha mostra de material galego. Como xa fixemos o ano pasado cos carteis adicados a Ramón Piñeiro, "invadimos" o pequeno corredor que se atopa detrás da Biblioteca e que resulta moi axeitado para unha actividade así. Ademais de todo, sobre a mesa onde se atopa a mostra de material, deixamos unhas pequenas follas cunha lembranza do homenaxeado Novoneyra.
Un saúdo!
17 de Maio!
Xa están aquí as Letras deste 2010, como sabedes adicadas ao escritor Uxío Novoneyra. Non tentarei recoller nesta entrada todas as ligazóns, vídeos, artigos cos que me topo a cada momento sobre Novoneyra, o que sería unha tarefa non abordable. Así que á idea orixinal: unha pequena lembranza a un dos nosos escritores máis representativos do Século XX, estupendo poeta e recitador, ou "dicidor" como él prefería. En canto ás ligazóns, dúas: ao web do escritor, e ao da Real Academia Galega, onde atoparedes un feixe de contido.E para completar, igual que xa fixemos o ano pasado, os carteis gañadores do concurso que convoca a Secretaría Xeral de Política Lingüística como parte da celebración do 17 de Maio. Este ano o centro gañador foi o CPI Virxe dos Remedios de Castro Caldelas, en Ourense. Son quince carteis ademáis dunha guía didáctica que nos permite percorrer a vida do escritor homenaxeado.
Ata máis ver!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
