O pasado Martes, como xa aunciabáramos, tivo lugar na Biblioteca o acto de entrega do premio Comecontos e o do III Concurso Día do Libro. O encontro foi pequeno na súa duración e no número de asistentes, pero sen dúbida resultou moi, moi ameno. Contamos coa nosa vicedirectora Aída Latorre, cos dous gañadores, a correspondente familia, e un pouquiño de público ben selecto... Desfrutamos dun pouco de Beethoven, dalgunha cita, da viñeta que aparecía na penultima entrada... En resumo, o pasamos ben... e por suposto entregamos os agasallos!!En canto aos agasallos, o correspondente ao Concurso Día do Libro merece unha entrada propia que espero escribir nestes días.
Parabéns a Sheila e a Denís!!









