Dito así, semella que estamos a falar do proxecto secreto de algunha axencia espacial; pois non, trátase de algo tan pouco alonxado coma o patrimonio cultural inmaterial da nosa comunidade. Ronsel é un proxecto que leva camiñando xa tres anos e no que traballan un feixe de institucións galegas. No seu web recollen moito contido, todo ben interesante; vexamos, libros para descargar en pdf coma o Instrumentos tradicionais galegos. Unha selección natural, escrito por Pablo Carpinteiro, arquivos de audio, ou vídeos coma o que vos deixo nesta entrada. Trátase da elaboración dun Mirlitón, ou sexa, un Kazoo. Se cadra habería que adicar calquera día destes unha entrada a este pouco prezado instrumento, que aínda que non é da primeira división da Organoloxía, si que pertence á federación.
Ata máis ver!
Mostrando entradas con la etiqueta Música galega. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Música galega. Mostrar todas las entradas
6/11/10
28/6/10
fgbmp
Que ninguén se preocupe, o título non é un exercicio de mecanografía, é o acrónimo de Federación Galega de Bandas de Música Populares. Coido que non é moi coñecida entre nós así que aquí vai un pequeno apuntamento sobre ela. A FGBMP comeza o seu andar en 1987 levando a cabo unha estupenda tarefa de xestión e difusión das nosas bandas de música. Teñen unha coidada páxina na Internet na que recollen información, historia, e un feixe de arquivos de audio que é posible descargar de balde. A Federación ten tamén a súa canle no YouTube no que atopamos numerosos vídeos; eu vos deixo cun deles, o que reproduce o pasodobre Ponteareas que o compositor Reveriano Soutullo adicou a súa vila. Todo obrigado: a FGBMP, Soutullo, e Ponteareas. A banda é a de Catoira, que xa o esquecía...
Ata outra!
Ata outra!
25/3/10
Murajazz!
Maña Venres ás 21'00 no Centro de Interpretación das Insuas de Rábade está programado un importante evento musical: a presentación da big band Murajazz. A formación está composta por unha vintena de músicos de toda a provincia dirixidos por Alejandro Troya, un dos profesores de saxofón do noso centro. O lugar de presentación ten moito que ver con todo isto, xa que Rábade foi, a través da súa escola de música e de xeito particular da man seu responsable o saxofonista Armando Morales, onde todo este proxecto xurdiu. Na imaxe, que corresponde á nova recollida onte no xornal El Progreso, podemos ver a formación nun dos ensaios.
Parabéns!
11/3/10
Jazz en Pontevedra
Polo de agora, tedes na nosa mesa de novidades o disco do sétimo seminario.
Que o degustedes!
15/2/10
Manuel Quiroga
Se cadra esta conversa a alguén pode resultarlle algo absurda, como non saber quen foi Manuel Quiroga? Pero xa sabemos que as veces os nosos músicos non son coñecidos e recoñecidos dabondo. Igual é unha opinión moi persoal e un exemplo algo inapropiado, pero Veiga, Montes, Freire, Groba, Quiroga, Gaos, etc. deberían ser tan coñecidos, alomenos entre nós, coma o Cocido, o Faro de Fisterra ou o Encaixe de Camariñas.
Ao que vamos... Manuel Quiroga foi un moi importante violinista, compositor e pintor pontevedrés do comezo do
En 1937, o músico era atropelado en Nova York acabándose a súa vida como intérprete. As súas gravacións non son moitas pero chegan para apreciar o bo músico que foi Quiroga. Fai algún tempo o selo Ouvirmos publicaba dous libro-discos adicados ao violinista e á súa muller, a pianista francesa Marta Leman. E agora os temos xa na nosa Biblioteca. Fai algúns días o noso compañeiro Pablo Coria nun comentario falábanos destes libro-discos, e dun libro editado pola Deputación de Pontevedra adicado ao violinista. Dicir para rematar que hai na actualidade un cuarteto que leva o seu nome, o Cuarteto Quiroga, que no seu web teñen una biografía bastante completa do músico, e que este ano teñen dous concertos programados en Galicia: un na Coruña en Marzo e outro en Ourense correspondente ao ciclo de música de cámara Sen batuta.
E xa nada máis... ata outra!
17/1/10
Sons miúdos
Ata máis ver!
29/11/09
Músicas Galegas de actualidade
É este o título dun ciclo de conferencias e concertos que se desenvolverá entre mañá e o vindeiro Venres 4 no Museo Provincial da nosa cidade. Estará adicado á música galega, dende Bal y Gay ata Xurxo Souto. Cada día entre as 19'30 e as 21'30 poderemos disfrutar dunha conferencia e un concerto. O ciclo o organiza a Asociación Socio-Pedagóxica Galega e a Deputación de Lugo. Xa mañá temos o seguinte programa: Rosa María Fernández, Tradición e vangarda desde os mestres Bal y Gay e Ángel Barja: a música esquecida. ...e despois: a actuación do Cuarteto de Cordas SANTART que interpretarán os Cuartetos No. 2 e 3 de Ángel Barja. E pola miña parte unha cou
sa máis: que pouca promoción teñen estas actividades! Aquí tedes a ligazón ao programa do ciclo!Un saúdo!
22/6/09
10 Poemas Musicados
A Secretaría Xeral de Política Lingüística estreaba fai pouco unha web adicada aos ENDL, é dicir, aos Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística dos centros educativos. Na web somos quen de atopar nestes días un traballo desenvolvido polo IES Poeta Añón. Trátase dunha escolma de dez poemas musicados de Xose María Álvarez Blázquez, o autor homenaxeado nas Letras Galegas de 2008. Os poemas poden descargarse nun pdf. É un traballo certamente moi coidado que merece a pena coñecer.Un saúdo!
13/6/09
Como non, en Google
Nestes días liamos nos xornais acerca do acordo entre Google e a Biblioteca Nacional para publicar os seus fondos dixitalizados nos Google Books, por certo, os proxectos da Biblioteca Nacional a medio prazo en canto á incorporación das novas tecnoloxías soan bastante ben, aquí tedes unha ligazón para que poidades ler sobre isto. O caso é que hoxe, mergullándome no catálogo de libros de Google atopei as Actas do primeiro Congreso da Emigración Galega celebrado en Bos Aires en 1956. Foi un encontro de diversas colectividades e intelectuais emigrados ou exiliados que se atopaban espallados por toda América. Entre os asistentes, dos que atopamos textos no documento, estaban Ramón Piñeiro e Jesús Bal y Gay. Podemos acceder ao facsímile, e descargalo nun pdf, na páxina do Consello da Cultura Galega ou, como non, no servizo do voraz Google...Un saúdo!
15/5/09
Concerto da Orquestra de Frautas de Galicia
Mañá Sábado ás 19'00 no Centro Social Municipal de Fingoi en Lugo terá lugar un novo concerto da Orquestra de Frautas de Galicia. Interpretarán música de Albinoni, Mozart, Telemann e Doppler. Será outra boa ocasión de disfrutar desta pouco coñecida pero ben interesante formación. Por certo, o cartel abofé que o traballaron... deíxovos aquí a ligazón para que poidades ver o que agochan os píxeles... aquí vos vai tamén outra ligazón ao programa do concerto.Que o disfrutedes!
7/5/09
Mostra de material galego
Máis cousas sobre as Letras Galegas... dende onte pola tarde podemos contemplar na Biblioteca unha pequena mostra de material galego e unha lembranza a Ramón Piñeiro. O texto acerca de Piñeiro, que podedes levar, o atoparedes na mesa da fotografía nunha pequena folla de cor azul. Tamén é posible descargalo nesta ligazón.Ata máis ver!
11/12/08
Música clásica galega
Ata outra!
20/11/08
II Certame Galego de Bandas de Música
Xa sabedes, se durante eses días vos atopades por Santiago, achegádevos polo auditorio...
Saúdos!
7/11/08
A biblioteca recomenda... "Breve Historia da Música Galega"
Ó longo das súas sesenta e dúas páxinas, a autora, Mª Pilar Alén, lévanos dun xeito moi ameno pola historia da música en Galicia, da antiguedade á época contemporánea. O libro o podedes atopar na sección textos da biblioteca, e aquí tedes o ligazón á OPAC para veres a descrición do rexistro.Que o disfrutedes... un saúdo!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
