A Biblioteca é un lugar de aprendizaxe permanente, de información, opinión, entretemento e lecer. Un espazo de encontro de toda a comunidade educativa.
É o nome da familia protagonista dunha nova web da Rede de Bibliotecas de Galicia. Na páxina, adicada aos máis pequenos, podemos atopar contos, ilustrados e con son, xogos, fondos de escritorio para descargar... Aquí vos vai a ligazón.
Fai uns días que recibimos do noso blogue veciño henarmonia o premio Olha que blog maneiro!. É certamente unha moi xeitosa forma de premiar o traballo na blogosfera. O premio ten unhas regras...
Amosar a imaxe Olha que blog maneiro!
Mencionar o blogue que che deu o premio
Mencionar os blogues que premias ti
Comunicarllo aos premiados
Publicar as regras
Comprobar que os blogues premiados seguen as regras
As veces, o libro máis proveitoso non é un de moitas páxinas e tapa dura, senón un pequeno, de peto, e de aspecto se cadra pouco científico. Este podería ser o caso de Cómo escuchar la música do compositor americano do século XX Aaron Copland. Nos libros sobre música escritos por compositores percíbese sempre un punto de vista moi particular, o da persóa que trata coa música decotío, non para elaborar clasificacións e teorías senón corcheas e semicorcheas. O libro trata moitos aspectos da música, a harmonía, a melodía, as formas, etc. Unha lectura ben recomendable... Se queredes coñecer máis sobre Copland, aquí tedes a ligazón ao artigo sobre él na Wikipedia.
Hoxe as 09'00 comezaba a décima edición de Xuventude Galiza Net. O encontro está a ter lugar no Multiúsos Fontes do Sar de Santiago de Compostela, e aínda que está centrado na informática celébranse ademáis outras moitas actividades. Por se vos interesa o asunto, o encontro remata o Domingo ás 19'00... aquí tedes a emisión en directo...
CLUB DE LECTURA "LECTO@S DA ULLOA"
-
*En decembro e xaneiro lemos dúas novelas que recomendamos porque nos
gustaron moito.*
*Trátase de A trenza, de Laetitia Colombani e Golpes de luz, de L...
Booktubers Librionesxs
-
Na biblioteca escolar d*o IES de Brión* o alumnado do *club de lectura*
fala sobre libros e comparte as súas lecturas a través do vídeo e da radio.
...
Adeus co corazón...
-
Ímonos con sabor agridoce. Despois de máis de dous anos traballando no blog
e na biblioteca, con inconmensurables doses de ilusión, chegamos a un
punto no...