A Biblioteca é un lugar de aprendizaxe permanente, de información, opinión, entretemento e lecer. Un espazo de encontro de toda a comunidade educativa.
Onte as aulas do Conservatorio abrían as súas portas... e a Biblioteca tamén. O seu horario de apertura no se fixará ata as primeiras semanas de Outubro, en calquera caso, todos os días atoparedes aberta a Biblioteca nas horas centrais da tarde. Do mesmo xeito, ata Outubro non será posible solicitar o carné de lector nin estará dispoñible o servizo de empréstito. En canto ao carné, este curso imos modificar o seu tempo de vixencia ampliándoo aos dous anos. Polo de agora tampouco están concretadas as actividades, concursos... Xa vos iremos informando segundo todo se vaia acomodando.
En 1946, o compositor inglés Benjamin Britten escribía para un programa da televisión unha obra que tiña por obxecto coñecer os instrumentos que compoñen unha orquestra. A composición levaba o título de Guía de Orquestra para Xoves: Variacións e Fuga sobre un tema de Purcell. Esta obra é, dende entón, un dos recursos máis empregados para dar a coñecer aos rapaces a orquestra como formación, e as distintas familias instrumentais que a compoñen. Britten escolleu para esta composición unha forma ben coñecida, a variación. Deste xeito, colleu un tema do compositor do Século XVII Henry Purcell para facer as variacións. A idea de Britten foi que primeiro a orquestra e as familias instrumentais presentasen o tema, e despóis cada instrumento fixera unha variación. Para rematar, unha Fuga permitiría novamente repasar todos os instrumentos escoitados nas variacións. Britten escribiu dúas versións da obra: unha cuns pequenos textos que debía ler un narrador e nos que se presentaban os instrumentos, e outra coa música soamente. Son máis ou menos dezaseis minutos de música, que ademáis é moi boa música. Na Biblioteca atoparedes unha gravación da obra e tamén a partitura. Aquí, no Blogue, recoméndovos outro recurso: un xogo estupendo que ofrece a páxina do Carnegie Hall, o auditorio da cidade de New York. O xogo chámase Listening Adventures e se trata dun xogo moi logrado no que Violet, a protagonista, debe ir á procura dos instrumentos da orquestra que se atopan perdidos pola sabana en África. Recomendable!
No ano 2000 a IFLA e a UNESCO publicaban un manifesto sobre a biblioteca escolar, para chamar a atención das institucións e á sociedade en xeral acerca das bibliotecas dos centros educativos como elemento fundamental do aprendizaxe dos estudantes. O texto, publicado co títuloIFLA/UNESCO School Library Manifesto: The School Library in Teaching and Learning for All, é as máis das veces a primeira referencia ao falar de bibliotecas escolares xa que o seu eido vai máis alá dun só país; de feito, un dos obxectivos dos seus redactores foi que o documento se espallase o máis posible. Ao noso blogue aínda non había chegado, ata agora. Ademáis do Manifesto deíxovos unhas ligazóns a outros dous documentos: un veu da man do primeiro, as Directrices IFLA/UNESCO sobre a biblioteca escolar, e o outro penso que é tamén de interese, o Manifesto da IFLA/UNESCO sobre a Internet.
Non se trata dun xogo de palabras, senón dunha biblioteca ambulante creada por un profesor da comarca de La Gloria en Colombia. Fai xa algo máis de dez anos que o mestre de primaria Luis Humberto Soriano concebiu a idea de percorrer os pobos do norte do país cunha biblioteca móvil cargada sobre o lombo de dous burros, Alfa e Beto. Comezou con oitenta libros, e hoxe, a biblioteca deste profesor dispón de vintedous burros e centos de volumes que en tandas son prestados de nas aldeas da rexión. Sen dúbida, todo isto chama moito a atención, e debería levarnos a valorar os recursos dos que dispoñemos nas nosas bibliotecas, e sobre todo, a facer uso deles. Nesta ocasión, a frase quen llos dera a eles pode ser axeitada. Se queredes coñecer máis sobre os biblioburros aquí vos van unhas ligazóns: un artigo na Wikipedia, o seu canle en YouTube, o blogue, e un artigo no xornal El Pais publicado fai unhas semanas. Déixovos cun pequeno vídeo.
Dende a anterior entrada no Blogue pasei dúas follas do calendario, ben certo que o descanso do Verán é sempre boa cousa... imos ao asunto. Veoleo? Pois é unha páxina que coñecín hai algúns días. Está vencellada ás bibliotecas escolares de Chile e nela podemos atopar tráileres... de libros! Si que é unha curiosa idea, non de películas, de libros. Viaxe ao centro da terra, O fantasma de Canterville, Robinson Crusoe e moitos outros. Polo de agora é posible atopar trinta títulos pero agárdanse máis. Aquí tedes un dos tráileres e a ligazón á páxina.
CLUB DE LECTURA "LECTO@S DA ULLOA"
-
*En decembro e xaneiro lemos dúas novelas que recomendamos porque nos
gustaron moito.*
*Trátase de A trenza, de Laetitia Colombani e Golpes de luz, de L...
Booktubers Librionesxs
-
Na biblioteca escolar d*o IES de Brión* o alumnado do *club de lectura*
fala sobre libros e comparte as súas lecturas a través do vídeo e da radio.
...
Adeus co corazón...
-
Ímonos con sabor agridoce. Despois de máis de dous anos traballando no blog
e na biblioteca, con inconmensurables doses de ilusión, chegamos a un
punto no...