Se cadra xa o sabedes, pero neste ano 2009 celébrase o aniversario de catro importantes compositores: Händel, Haydn, Mendelssohn e Gaos. No concerto de aninovo da Filharmónica de Viena, que nesta ocasión dirixiu Daniel Barenboim, poidemos escoitar o derradeiro movemento da Sinfonía No. 45 "Os adeuses" de Haydn. Segundo se conta, o compositor tiña moito sentido do humor e compuxo esta sinfonía de xeito que ao longo do movemento os músicos da orquestra deben abandoar o escenario. Ao parecer, foi unha pequena protesta pola falta de descanso que os Esterházy daban aos músicos. Aquí tedes o vídeo...
Ata outra!
Juana Capdevielle, noventa anos xa
-
Sobre o 17 ou o 18 de agosto de 1936 (ou iso parece ser, xa que non hai
certeza no tema) foi asasinado Federico García Lorca. Podedes ter unha
aproximaci...
Hace 3 semanas

No hay comentarios:
Publicar un comentario