Hoxe, navegando pola Internet, topei coa páxina de Vandoren que é unha das máis senlleiras empresas de fabricación de lingüetas para os instrumentos de vento madeira coma o Clarinete ou o Saxofón. O certo e que andaba á procura dunha imaxe sobre o proceso de construción das lingüetas, e así, dun resultado a outro, carguei no navegador a páxina da marca francesa. En resumo, teñen unha presentación ben estupenda; unha animación que vai describindo todo o proceso de construción dunha lingüeta... Sexades ou non da familia destes instrumentos, merece a pena ir visitar esta páxina.
Ata outra!
Chegan os Maios
-
Se nunca te preguntaches por que hai coches con ramas de flores amarelas no
parabrisas cada 1 de maio, este artigo de As Chaves da Lingua é para ti.
D...
Hace 1 día

No hay comentarios:
Publicar un comentario