Xa van algúns Sábados que dunha maneira ou doutra topo cun programa da Radio Clásica de RTVE chamado Los imprescindibles, que despois de coñecelo non puiden facer outra cousa que falar del neste blogue. Emítese cada Sábado pola mañá de 10 a 11 presentado por José Luis Nieto, e cada día está a dicado a unha obra importante da historia da música que é imprescindible coñecer. Ademais da audición da obra, no programa atopamos unha extensa pero moi amena análise sobre ela. Todo isto fai un programa útil para coñecer composicións que verdadeiramente é obrigado coñecer. É preciso engadir que na Radio Clásica é posible descargar os podcasts dos programas, é dicir, os programas mesmos, o que é un servizo da radio pública que hai que agradecer, e moito. A cousa avanzou bastante dende os tempos nos que había que atoparse no día e hora da emisión dun programa, co casette preparado, co dial axustado e a antena ben orientada. Aquí vos deixo co programa emitido o 24 de Agosto, adicado aos Cadros dunha Exposición de Mussorgsky.
Ata outra!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentario:
Hola!
Radio Clásica ten pendente unha estructuración na súa oferta acorde tanto coas necesidades dos ouvientes como cara a evitar os intereses dalgúns e dalgunhas para fomentar determinado tipo de música.
A programación dunha emisora pública tan que sustentarse sempre en criterios obxectivos e nunca nas apetencias, gustos ou caprichos dos responsables da programación.
Publicar un comentario