A Biblioteca é un lugar de aprendizaxe permanente, de información, opinión, entretemento e lecer. Un espazo de encontro de toda a comunidade educativa.
É este o título dun ciclo de conferencias e concertos que se desenvolverá entre mañá e o vindeiro Venres 4 no Museo Provincial da nosa cidade. Estará adicado á música galega, dende Bal y Gay ata Xurxo Souto. Cada día entre as 19'30 e as 21'30 poderemos disfrutar dunha conferencia e un concerto. O ciclo o organiza a Asociación Socio-Pedagóxica Galega e a Deputación de Lugo. Xa mañá temos o seguinte programa: Rosa María Fernández, Tradición e vangarda desde os mestres Bal y Gay e Ángel Barja: a música esquecida. ...e despois: a actuación do Cuarteto de Cordas SANTART que interpretarán os Cuartetos No. 2 e 3 de Ángel Barja. E pola miña parte unha cousa máis: que pouca promoción teñen estas actividades! Aquí tedes a ligazón ao programa do ciclo! Un saúdo!
Aquí está a nosa primeira actividade deste ano... Encrucilladas!! Ao longo do curso publicaremos tres encrucilladas relacionadas coa música; se as resolvedes, poderedes despois participar no sorteo dun pequeno agasallo. Nesta primeira ocasión, o premio é unha memoria usb de catro gigas. O sorteo celebrarase o Mércores 16 de Decembro ás 19'30 na entrada do Conservatorio. En canto ás bases, as podedes consultar na Biblioteca ou descargar nesta ligazón. A encrucillada a podedes tamén descargar nesta ligazón ou recollela na Biblioteca...
O vindeiro Venres 13 ás 20'00, levarase a cabo na nosa Sala de Audiovisuais da Biblioteca a sesión de presentación do concerto da OSG do 15 de Xaneiro. A causa desta presentación está na actividade programada para esa data, unha pequena saída á Coruña para asistir a dito concerto. O obxecto da actividade, ademais de poder escoitar música en vivo, que non é pouco, é coñecer unha forma ben importante, o concerto, e neste caso, o concerto para piano e orquestra, xa que no programa atopamos o terceiro que escribiu Beethoven. Aquí vos deixo o pdf co anuncio da presentación, e aquí a ligazón á paxina da OSG onde podemos atopar a información do concerto.
Xa andamos de novo por aquí. A Biblioteca sempre pide tempo, e as veces o pide todo no seu espazo físico, non no virtual. A catalogación, a posta en marcha dalgunhas actividades... o caso e que xa regresamos, e cunha nova publicación (xa sei que o de publicación soa un pouco a fachenda...), esta vez adicada aos sitios da Internet onde é posible a descarga de partituras. É este un asunto sempre polémico, o dominio público, os dereitos de autor... Ademais hai que ter en conta que a lexislación sobre esta cuestión non é a mesma en todos os países, pero Internet é un espazo común. A cousa, é certo, non sempre está clara. O caso é que aquí tedes a nosa pequena aportación, unha escolma de páxinas onde é posible de balde a descarga de parituras.
CLUB DE LECTURA "LECTO@S DA ULLOA"
-
*En decembro e xaneiro lemos dúas novelas que recomendamos porque nos
gustaron moito.*
*Trátase de A trenza, de Laetitia Colombani e Golpes de luz, de L...
Booktubers Librionesxs
-
Na biblioteca escolar d*o IES de Brión* o alumnado do *club de lectura*
fala sobre libros e comparte as súas lecturas a través do vídeo e da radio.
...
Adeus co corazón...
-
Ímonos con sabor agridoce. Despois de máis de dous anos traballando no blog
e na biblioteca, con inconmensurables doses de ilusión, chegamos a un
punto no...