É este o título dun ciclo de conferencias e concertos que se desenvolverá entre mañá e o vindeiro Venres 4 no Museo Provincial da nosa cidade. Estará adicado á música galega, dende Bal y Gay ata Xurxo Souto. Cada día entre as 19'30 e as 21'30 poderemos disfrutar dunha conferencia e un concerto. O ciclo o organiza a Asociación Socio-Pedagóxica Galega e a Deputación de Lugo. Xa mañá temos o seguinte programa: Rosa María Fernández, Tradición e vangarda desde os mestres Bal y Gay e Ángel Barja: a música esquecida. ...e despois: a actuación do Cuarteto de Cordas SANTART que interpretarán os Cuartetos No. 2 e 3 de Ángel Barja. E pola miña parte unha cousa máis: que pouca promoción teñen estas actividades! Aquí tedes a ligazón ao programa do ciclo!
Un saúdo!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentario:
Hola
xa tes un comentario
que pena, gustaríame poder ir a eses concertos pero ando moi liada
vemonos o xoves!
1 bico
Publicar un comentario