O pasado Martes 22 celebrábamos o sorteo das Encrucilladas. Non foi preciso remexer no saco máis que unha vez, e a primeira encrucillada, ademáis de estar ben resolta, tiña ao seu autor entre os presentes. Era José Joaquín Roca Pérez, o pai de Xacobe, un dos alumnos de percusión do grao profesional e que é o que sae na foto. E despois desta primeira experiencia con isto das Encrucilladas, hai que dicir que o comentario xeral foi acerca do positivo da actividade, e que o pasatempo serviu en moitos casos para coñecer unhas cantas cousas interesantes sobre a música. Nesta ligazón podedes ver a encrucillada resolta, e nesta outra a gañadora. Haberá que ir preparando a seguinte... por aquí xa temos algunhas ideas...
Ata máis ver e Bo Nadal!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
2 comentarios:
Enhorabuena al ganador.
Para hacer justicia, hay que decir que Joaquín también es el padre de Rebeca que cursa 1º de flauta en nuestro Conservatorio.
Así que ha sido premiada una familia que aprecia la música.
Enhorabuena
Pablo Coria
Todas as miñas desculpas a Rebeca! É que son xa uns cantos anos coñecendo a Xacobe e debe ser que penso que non hai máis músicos na familia...
Un saúdo!
Publicar un comentario