A Biblioteca é un lugar de aprendizaxe permanente, de información, opinión, entretemento e lecer. Un espazo de encontro de toda a comunidade educativa.
Arpeggione... o significado desta palabra lévanos a un instrumento e a unha fermosa composición. O arpeggione é un instrumento de corda parente da guitarra xa que ten seis cordas ademais de trastes, e do violoncello ao empregarse un arco para facelo soar e tamén polo xeito de tocalo. Este instrumento o inventou o vienés Johann Georg Staufer en 1823 e aínda que sempre tivo os seus intérpretes ben adicados a el, pode dicirse que non é verdadeiramente moi coñecido. En canto á fermosa composición, trátase da sonata en La menor que Franz Schubert escribiu en 1824. Da música só pode falar axeitadamente a propia música. O caso é que a sonata é xeralmente interpretada nun violoncello, e toda esta introdución é para recomendar un disco que está na nosa mesa de novidades: a gravación que Mstislav Rostropovich e Benjamin Britten fixeron da sonata en 1968. E que opinades da mestura? Schubert-Rostropovich-Britten...
Non é a primeira vez que falamos aquí deste importante compositor americano. Hai algún tempo recomendábamos o seu libro Cómo escuchar la música, unha lectura que este ano están a levar a cabo os rapaces de segundo de grao profesional. Por certo, e isto o esquecín o día que vos falei do libro, todas as miñas desculpas... a tradución é do noso Jesús Bal y Gay! Isto se cadra fai a lectura máis interesante, xa que para nós é como asistir a aquelas quince conferencias na New School for Social Research de New York con, entendédeme, Bal y Gay como tradutor simultáneo. En calquera caso, hoxe quixera traer ao Blogue a colección dixital que sobre Copland teñen na Library of Congress. Está dispoñible unha morea de material: fotografías, manuscritos, documentos, etc. A verdade e que merece a pena visitala. Como exemplo, a imaxe que acompaña a esta entrada: Copland e Darius Milhaud. Aquí vos vai a ligazón.
Hai uns días atopei no YouTube este estupendo vídeo dos Muppets, ou sexa, dos Teleñecos. Trátase desta pouco coñecida melodía de Beethoven, algo que ten que ver coa alegría... Non hai que perder detalle nos seis recadros nos que aparece repetido Beaker, que é o personaxe protagonista do vídeo.
É o título dun artigo que podiamos ler fai uns días en culturagalega.org. O texto fai un percorrido pola música feita para os máis pequenos na nosa comunidade. Recolle moitas referencias discográficas e páxinas de interese. Aquí tedes o ligazón... por certo, a imaxe que acompaña a esta entrada pertence ao web do grupo musical Mamá Cabra, que se adica, como di o título do artigo, aos sons miúdos.
13 de Xaneiro, primeira entrada do ano... ...e comezamos falando acerca dun novo dicionario que hai algunhas semanas podemos atopar na Internet. Trátase do Digatic, o Dicionario Galego das TIC e conta con 4000 termos relacionados coas novas tecnoloxías. O certo é que xa viña facendo falta unha publicación que recollera a forma, se cadra, máis correcta dunhas palabras coas que andamos todos os días. Aquí tedes a ligazón.
CLUB DE LECTURA "LECTO@S DA ULLOA"
-
*En decembro e xaneiro lemos dúas novelas que recomendamos porque nos
gustaron moito.*
*Trátase de A trenza, de Laetitia Colombani e Golpes de luz, de L...
Booktubers Librionesxs
-
Na biblioteca escolar d*o IES de Brión* o alumnado do *club de lectura*
fala sobre libros e comparte as súas lecturas a través do vídeo e da radio.
...
Adeus co corazón...
-
Ímonos con sabor agridoce. Despois de máis de dous anos traballando no blog
e na biblioteca, con inconmensurables doses de ilusión, chegamos a un
punto no...