13/1/10

Digatic

13 de Xaneiro, primeira entrada do ano...
...e comezamos falando acerca dun novo dicionario que hai algunhas semanas podemos atopar na Internet. Trátase do Digatic, o Dicionario Galego das TIC e conta con 4000 termos relacionados coas novas tecnoloxías. O certo é que xa viña facendo falta unha publicación que recollera a forma, se cadra, máis correcta dunhas palabras coas que andamos todos os días. Aquí tedes a ligazón.

Ata máis ver!

1 comentario:

Anónimo dijo...

Benvidos a este novo ano os responsables da Biblioteca do CMUS de Lugo. Que siga ese bo traballo que estades a facer.