9/5/10

Dobrar unha cousa sobre si mesma de forma que unha parte dela quede sobre a outra.

...ou o que é o mesmo, pregar.
Isto foi o que fixemos na Biblioteca durante boa parte da mañá de onte no taller de papiroflexia que levamos a cabo. A experiencia foi estupenda, alumnos e alumnas, unha animosa nai e un profesor transformado en aspirante a monitor de tempo libre, reutilizando catálogos, follas publicitarias e vellas revistas para elaborar figuras desta sempre sorprendente arte.
O certo é que o pasamos moi ben, os rapaces despois de hora e media de traballo non tiñan presa por ir para casa, o que é un bo síntoma, e como resposta acerca da posibilidade de repetir todos dicían que si.
E outra cousa, unha reflexión para nós os docentes: que ben transcorre unha actividade como esta, na que dende o primeiro minuto se aprende a facer facendo...

Un saúdo!




1 comentario:

Carmen dijo...

SI, FOI DIVERTIDISIMO

Gardame unha praza para o seguinte, e, por certo, ¿cal é a páxina na que inprimiches os papeis donde explicabase papiroflexia?

ADEUS