14/12/10

...máis madeira! ...é a guerra!

Fai xa uns cantos anos, Groucho, Chico e Harpo Marx andaban como tolos a desfacer o tren no que ían para queimalo na locomotora e que así non parase. Nós, aquí, na entrada cento corenta e dous e despois de setecentos oitenta e dous días na Blogosfera, debemos empregar esta bitácora para alimentar de tempo algunhas outras tarefas académicas, sen dúbida, máis básicas; as cousas non deben facerse a pasar, e un blogue, por sinxelo que sexa, queima o seu tempo.
Tres cousas antes de pechar. Unha, se cadra calquera día voltamos (o blogue vai quedar aquí); dous: grazas polos vosos comentarios; tres: non deixamos a Rede... e logo? ...estamos a elaborar un wiki!

E polo de agora nada máis... ata outra!


3 comentarios:

Anónimo dijo...

Eu xa sabía que Borja, como as vellas locomotoras, ten corda para rato.
Noraboa por todas esas iniciativas que melloran a actividade dese centro.
María Dolores

Pablo Coria dijo...

Enhorabuena por el trabajo realizado hasta la fecha y esperamos impacientemente el nuevo formato de información de nuestra biblioteca. ¡Una wiki!, menudo lujo.

Gracias Borja

Maria dijo...

Acharemos em falta este blogue tam fresco.
Esperamos que a auséncia nom seja longa.