A Biblioteca é un lugar de aprendizaxe permanente, de información, opinión, entretemento e lecer. Un espazo de encontro de toda a comunidade educativa.
28/11/11
COMING SOON
Isto xa parece unha sala de cine anunciando, non sei, un novo film de Godzilla? Non, só se trata da publicación da Programación da Biblioteca para este xa algo avanzado curso. Despois de darlle non poucas voltas ao calendario, aquí vos presentamos con lugar, data e hora as actividades que nos propuxemos para este ano. É ben certo que unha programación concreta en canto a lugares, datas e mesmo horas é sempre algo obrigado se desexamos unha axeitada organización. Non é boa cousa que parte da nosa comunidade escolar descoñeza, por exemplo, se este ano vai haber «Cóntamo con tempo», e se o vai haber, onde, cando e a que hora. Así que aquí vai o documento, que esperamos ademais publicar de diferentes maneiras: nunha ligazón nesta entrada, e de maneira permanente na columna da dereita. A versión dixital correspóndese co cartel que xa está colgado no centro.
CLUB DE LECTURA "LECTO@S DA ULLOA"
-
*En decembro e xaneiro lemos dúas novelas que recomendamos porque nos
gustaron moito.*
*Trátase de A trenza, de Laetitia Colombani e Golpes de luz, de L...
Booktubers Librionesxs
-
Na biblioteca escolar d*o IES de Brión* o alumnado do *club de lectura*
fala sobre libros e comparte as súas lecturas a través do vídeo e da radio.
...
Adeus co corazón...
-
Ímonos con sabor agridoce. Despois de máis de dous anos traballando no blog
e na biblioteca, con inconmensurables doses de ilusión, chegamos a un
punto no...
No hay comentarios:
Publicar un comentario