16/1/09

¿Quen dixo crise?

Na biblioteca queremos fomentar o emprego das desideratas coma un xeito de que o noso catálogo medre, e tamén de facer posible que os usuarios e usuarias poidan disfrutar aqueles libros, discos, revistas, etc. que desexen sen ter que mercalos, algo sen dúbida ben práctico. Deste xeito, hai xa algúns días que é posible atopar polos pasillos do conservatorio uns cartéis para lembrar a toda a comunidade que isto das desideratas existe...

...así que como din estes cartéis, se o peto non anda ben para andar a mercar libros ou discos, pois pedilos na biblioteca!

¿Quen dixo crise?

12/1/09

Sinfonía "Os adeuses"

Se cadra xa o sabedes, pero neste ano 2009 celébrase o aniversario de catro importantes compositores: Händel, Haydn, Mendelssohn e Gaos. No concerto de aninovo da Filharmónica de Viena, que nesta ocasión dirixiu Daniel Barenboim, poidemos escoitar o derradeiro movemento da Sinfonía No. 45 "Os adeuses" de Haydn. Segundo se conta, o compositor tiña moito sentido do humor e compuxo esta sinfonía de xeito que ao longo do movemento os músicos da orquestra deben abandoar o escenario. Ao parecer, foi unha pequena protesta pola falta de descanso que os Esterházy daban aos músicos. Aquí tedes o vídeo...

Ata outra!



7/1/09

Para pasarmos un bo rato..

Feliz ano 2009! ...nós xa andamos outra vez pola blogosfera. E para comezar o ano, aquí tedes un pasatempo certamente entretido que atopei hai pouco navegando pola rede. Trátase do coñecido xogo do aforcado, e está na columna da dereita do noso blogue.

Un saúdo e que o pasedes ben!