A Associaçon Galega da Língua, impulsora da normativa reintegracionista, ven de publicar nestes días o dicionario electrónico Estráviz. Trátase dun recurso que recolle 121.505 entradas da nosa lingua, coa particularidade de que é posible realizar a busca dunha palabra correspondente á normativa ILG-RAG e o dicionario a relacionará coa mesma palabra pero de acordo á normativa reintegracionista. Aquí, no Blogue, tedes unha pequena caixa de pesquisa ligada ao dicionario.
Ata outra!
De festas e calendarios
-
Hoxe é un *día de alegría* para o alumnado do centro, chegan as vacacións
de Semana Santa. Unha festividade católica sen data fixa, o que constitúe
unha a...
Hace 23 horas












