A Associaçon Galega da Língua, impulsora da normativa reintegracionista, ven de publicar nestes días o dicionario electrónico Estráviz. Trátase dun recurso que recolle 121.505 entradas da nosa lingua, coa particularidade de que é posible realizar a busca dunha palabra correspondente á normativa ILG-RAG e o dicionario a relacionará coa mesma palabra pero de acordo á normativa reintegracionista. Aquí, no Blogue, tedes unha pequena caixa de pesquisa ligada ao dicionario.
Ata outra!
Como se di poñer “en negrita” unha palabra? Formas de destaque en galego
-
Cando redactas un documento en Word, un correo ou unha publicación e
queres destacar unha palabra, probablemente pensas en poñela **en negrita*,
mais ...
Hace 1 día












