Fai xa uns cantos anos, Groucho, Chico e Harpo Marx andaban como tolos a desfacer o tren no que ían para queimalo na locomotora e que así non parase. Nós, aquí, na entrada cento corenta e dous e despois de setecentos oitenta e dous días na Blogosfera, debemos empregar esta bitácora para alimentar de tempo algunhas outras tarefas académicas, sen dúbida, máis básicas; as cousas non deben facerse a pasar, e un blogue, por sinxelo que sexa, queima o seu tempo.
Tres cousas antes de pechar. Unha, se cadra calquera día voltamos (o blogue vai quedar aquí); dous: grazas polos vosos comentarios; tres: non deixamos a Rede... e logo? ...estamos a elaborar un wiki!
E polo de agora nada máis... ata outra!
Aulas con Memoria
-
Aulas con Memoria é unha web creada por profesoras e profesores para axudar
na aula a traballar historia e memoria.
Nela hai materiais didácticos, situa...
Hace 22 horas



