Nesta ocasión sortearemos outra vez unha práctica (e ben xeitosa!) memoria USB.
O premio dos dezaseis GB da memoria está ben, pero o premio das dezaoito cousas que podemos aprender resolvendo o pasatempo tampouco están mal de todo (desculpade este pequeno ataque agudo de docencia, que lle vou facer!). Unha forma de variación semellante á Chacona? O nome dunha das irmás Boulanger? Un instrumento da música tradicional do País Vasco? Verdadeiramente non está de máis saber todo isto!O sorteo está programado para o Mércores 23 de Maio ás 19:15 na entrada do Conservatorio, e o pasatempo o podedes descargar dende esta ligazón.
(A da foto, é a irmá Boulanger da encrucillada!)
Ata outra!



