Uf! Non espero moito dunha competición de acrónimos. CRTVG, OSG, OFG, etc. Pero, CCT? Pois trátase do moi noso Cóntamo con tempo, o concurso de microrelato que o pasado Xoves celebraba a segunda edición. Lembrades aquelas libro, sopa, tigre e Beethoven do pasado ano, coas que o noso tuba (ou bombardino!) Denís compuxo aquel estupendo relato? Este ano as palabras propostas foron escaleira, páxina, voz e azul. Dende mañá pola tarde os quince traballos participantes poderanse ver na Biblioteca, comezando ao mesmo tempo a votación popular que se estenderá durante dúas semanas, e da que sairá o relato gañador. Xa vos contaremos!
Só un apuntamento: coñecedes o concurso Relatos en cadena que organiza a Cadena SER e a Escuela de Escritores dende fai xa uns cantos anos? Pois calcade nesta ligazón.
Un saúdo!
De festas e calendarios
-
Hoxe é un *día de alegría* para o alumnado do centro, chegan as vacacións
de Semana Santa. Unha festividade católica sen data fixa, o que constitúe
unha a...
Hace 21 horas




