24/10/08

O noso primeiro paso na Blogosfera

...e deste xeito comeza a nosa biblioteca unha nova andaina. Agardamos que este blogue sexa unha útil ferramenta para todos nós: os usuarios e usuarias da biblioteca. Indo xa ó asunto... a partires do vindeiro Mércores poderase solicitar xa o carné de lector da biblioteca. Este como sabedes é necesario para poder levar materiais en empréstito. Para obter o carné só e precisa unha fotografía e traer o carné do conservatorio (ou o do fillo ou filla no caso dos pais e as nais); as follas para solicitalo as podedes coller en conserxería ou na mesma biblioteca. Ademáis, na mesma data publicarase a "Guía da biblioteca".
Para nós, a biblioteca e un lugar cheo de recursos para unha aprendizaxe sen libros de texto ou exames; un espazo de encontro aberto a toda a comunidade educativa...

Achegádevos á biblioteca!
Un saúdo!

No hay comentarios: