14/3/09

I Concurso "Día do Libro" 2009

Na Biblioteca convocamos o I Concurso “Día do Libro” 2009. Esta primeira edición está adicada á elaboración dun marcapáxinas co tema dos instrumentos da música tradicional galega. Os premiados recibirán un agasallo e un diploma. Ademáis, o marcapáxinas gañador será reproducido e distribuido nas bibliotecas públicas de Lugo. Podes consultar as bases nos taboleiros do conservatorio ou descargalas nesta ligazón. O concurso está aberto a todos os alumnos e alumnas do centro.

Anímate a participar!

1 comentario:

Anónimo dijo...

Que boa idea!xa farei propaganda polas miñas clases...
e felicidades polo blogue, téñoche nas ligazóns do meu!