O día 17 imos andar algo apurados coas celebracións xa que ademais das Letras Galegas celébrase o Día de Internet das Telecomunicacións e da Sociedade da Información. Na rede atopamos dúas páxinas ben interesantes e ben cheas de recursos, diadeinternet.org e a web da campaña +internet+galego+futuro 2009 organizada pola Consellería de Economía e Industria. Unha das actividades máis salientables para nós os músicos e que atopamos na primeira das páxinas citadas, é o Concerto en liña e o Concurso Internacional de Composición... déixovos este vídeo que o explica.
Ata outra!
Xogos de mesa
-
Os xogos de mesa son unha excelente forma de pasar o tempo en compañía,
aprender novas habilidades e divertirse. Se a todo isto lle sumamos a
posibili...
Hace 45 minutos




No hay comentarios:
Publicar un comentario