1/6/09

Xa os entregamos!

O pasado Mércores celebramos o pequeno acto de entrega de premios do concurso de marcapáxinas. Foi breve pero xa sabemos como é o dito popular... O caso e que se achegaron todos os premiados e as súas familias, así como outro dos participantes que recolleu o seu diploma de consolación. Ademais unha das alumnas de sexto curso do grao profesional, da especialidade de Frauta e que xa remata os seus estudos no Conservatorio, María Neira, pechou o acto interpretando un dous números da Suite para frauta soa O paxaro mecánico, do compositor coruñés Paulino Pereiro. O que agardamos é, o vindeiro curso, ter que escoller entre moitos traballos nunha nova convocatoria do concurso.

Ata máis ver!

1 comentario:

Anónimo dijo...

Os primeiros pasos non son doados, hai que coller pulo e para o ano que ven seredes moitos mais!!
A próxima entrega no auditorio??
Veña, moito ánimo na biblio!
Chao!