22/9/09

A Guía de Orquestra para Xoves

En 1946, o compositor inglés Benjamin Britten escribía para un programa da televisión unha obra que tiña por obxecto coñecer os instrumentos que compoñen unha orquestra. A composición levaba o título de Guía de Orquestra para Xoves: Variacións e Fuga sobre un tema de Purcell. Esta obra é, dende entón, un dos recursos máis empregados para dar a coñecer aos rapaces a orquestra como formación, e as distintas familias instrumentais que a compoñen. Britten escolleu para esta composición unha forma ben coñecida, a variación. Deste xeito, colleu un tema do compositor do Século XVII Henry Purcell para facer as variacións. A idea de Britten foi que primeiro a orquestra e as familias instrumentais presentasen o tema, e despóis cada instrumento fixera unha variación. Para rematar, unha Fuga permitiría novamente repasar todos os instrumentos escoitados nas variacións. Britten escribiu dúas versións da obra: unha cuns pequenos textos que debía ler un narrador e nos que se presentaban os instrumentos, e outra coa música soamente. Son máis ou menos dezaseis minutos de música, que ademáis é moi boa música. Na Biblioteca atoparedes unha gravación da obra e tamén a partitura. Aquí, no Blogue, recoméndovos outro recurso: un xogo estupendo que ofrece a páxina do Carnegie Hall, o auditorio da cidade de New York. O xogo chámase Listening Adventures e se trata dun xogo moi logrado no que Violet, a protagonista, debe ir á procura dos instrumentos da orquestra que se atopan perdidos pola sabana en África. Recomendable!

Ata outra!

1 comentario:

Unknown dijo...

OLA Borja:
Efectivamente, a Guía de Orquestra é unha obra fundamental.É algo máis que unha guía de instrumentos. É tamén, e non menos importante, un manual de composición. Por isto, é recomendable aconsellar a súa lectura aos estudantes da arte da composición.
Noraboa por esa selección de obras!