Fai uns días o meu compañeiro Pablo Coria (o blogueiro decano do Conservatorio) enviábame unha nova que como él dicía era digna dun post. O titular é ben curioso, se encaixa este calificativo... Un espectador denuncia a un músico de jazz por no tocar jazz. Resulta que no pasado Festival de Jazz de Sigüenza un espectador denunciou ao saxofonista Larry Ochs entendendo que a música que se estaba a producir non era Jazz senón música contemporánea. Ao parecer ata a Garda Civil presentouse para tratar de aclarar, máis ou menos, o asunto. A nova ten se cadra pouco comentario... aquí tedes a ligazón a nova no xornal El País, e vos deixo tamén un vídeo do saxofonista. É certo, non é o Jazz de Count Basie pero Jazz sí que o é...
Ata outra!
As cores en galego
-
As cores están por todas partes: na fala cotiá, na roupa, nas paisaxes, na
publicidade, na literatura. Saber nomealas ben en galego é unha peza básica
p...
Hace 8 horas




No hay comentarios:
Publicar un comentario