23/1/10

Outra vez, Aaron Copland

Non é a primeira vez que falamos aquí deste importante compositor americano. Hai algún tempo recomendábamos o seu libro Cómo escuchar la música, unha lectura que este ano están a levar a cabo os rapaces de segundo de grao profesional. Por certo, e isto o esquecín o día que vos falei do libro, todas as miñas desculpas... a tradución é do noso Jesús Bal y Gay! Isto se cadra fai a lectura máis interesante, xa que para nós é como asistir a aquelas quince conferencias na New School for Social Research de New York con, entendédeme, Bal y Gay como tradutor simultáneo.
En calquera caso, hoxe quixera traer ao Blogue a colección dixital que sobre Copland teñen na Library of Congress. Está dispoñible unha morea de material: fotografías, manuscritos, documentos, etc. A verdade e que merece a pena visitala. Como exemplo, a imaxe que acompaña a esta entrada: Copland e Darius Milhaud. Aquí vos vai a ligazón.

Un saúdo!

No hay comentarios: