9/4/10

A biblioteca... de Bach

Segundo parece a biblioteca de J.S. Bach contaba, á morte do compositor, con oitenta volumes. Esta pequena, pero importante colección, serviu ao musicólogo Ramón Andrés para encher as 344 páxinas do libro Johann Sebastian Bach: Los días, las ideas y los libros, un estupendo libro editado por Acantilado e que está nos andeis da nosa biblioteca. Na páxina da editorial que recolle a información do traballo podemos atopar ligazóns ás notas de prensa, que é un detalle para agradecer. A lectura dun libro sobre Bach escrito a partir dos seus libros soa bastante ben, ou non? Un último apuntamento, a imaxe da súa cuberta correspóndese coa pintura Libreria, de Giuseppe Maria Crespi, unha obra que se atopa no Museo internazionale e biblioteca della musica di Bologna, destino recomendable na rede ou na Italia... ollo a súa páxina de presentación.

Ata outra!

1 comentario:

Loida dijo...

Ben por Bach!, é un compositor imprescindible, e non só porque sexa un dos grandes, tamén porque a súa música e acolledora, confortable, sempre podes volver a ela. Aconséllovos un cd, tamén para a biblioteca,"Betrachte meine Seel" cantado maravillosamente por Thomas Quasthoff, con Bach, pero tamén Händel, Haydn e Mendelssohn. Aquí déixovos o link para escoitar no youtube o bonus track do cd:

www.youtube.com/watch?v=E83BWsmT0II

non deixa lugar a comentarios...