Xa temos gañadores do II Concurso "Día do Libro" de marcapáxinas e do de CreActividade, no que a Biblioteca tamén participaba na organización. O traballo gañador dos marcapáxinas correspóndese cunha das nosas contrabaxistas, Dina Durán Rodríguez; o de CreActividade co percusionista Pablo del Valle Prieto. No caso dos marcapáxinas, á gañadora foi acompañada polos pianistas Sergio e Carlos Couso Núñez que acadaron o segundo e terceiro premio.O certo é que os traballos son, como na primeira convocatoria, estupendos. O mellor é que os vexades. E seguide atentos, que nuns días esperamos anunciar a data e hora do acto de entrega de premios.
Parabéns!




1 comentario:
Moitas noraboas ós GAÑADORES, moi ben!!! É estupendo que os alumnos participen nas iniciativas educativas; de novo, aprender disfrutando, e ademais con premio!
Ah! Moi simpático o marcapáxinas da gañadora!!
Publicar un comentario