A Biblioteca é un lugar de aprendizaxe permanente, de información, opinión, entretemento e lecer. Un espazo de encontro de toda a comunidade educativa.
27/5/11
Concerto da OFG!
Non, non é a ben coñecida OSG, trátase da OFG, ou o que é o mesmo, a Orquestra de Frautas de Galicia. Se non oistes falar dela, xa vai sendo tempo de que saibades que na nosa comunidade temos algo tan xeitoso como unha orquestra composta só por frautas. E o caso é que tamén compre saber que hai unha chea de frautas ademais da traveseira de concerto e o frautín: a tenor, baixo, contralto, etc. ...e se nos mergullamos un pouco de máis somos quen de topar cos máis de cinco metros de tubo e quince quilos da frauta dobre contrabaixo (é a que podedes ver na imaxe). Pero non marchemos do asunto, que este Domingo está programado ás oito do serán un concerto da OFG no Centro de Convivencia Fingoi en Lugo. Aquí vos deixo o programa, e se me permitides, xa que unha biblioteca, ou o seu blogue, debe ser unha fiestra aberta ao coñecemento (seica quedou ben a frase), vos deixo tamén cun vídeo do frautista italiano Roberto Fabbricciani e un monstro chamado frauta hiperbaixo; é todo un fenómeno sonoro que vai ata os dezaseis hercios, máis abaixo do que un oído pode percibir...
Borja, quiero agradecerte sinceramente el apoyo y ayuda que me has prestado a mi y a la OFG. Gracias por la difusión del concierto, así como por la ayuda que me prestaste en el diseño del programa de mano del concierto; y como guinda, también en el diseño del blog OFG.
Quedas nombrado "flautista honorífico" de la Orquestra de Frautas de Galicia.
Gracias BBB (para los que no lo sepan: Borja, Bibliotecario, Blog)
Presentado o cartaz do Día do Libro
-
* O Ministerio de Cultura presenta o cartaz do Día do Libro 2025, cuxo
autor é Pep Montserrat, Premio Nacional de Ilustración 2024. Día do Libro
2025. “L...
CLUB DE LECTURA "LECTO@S DA ULLOA"
-
*En decembro e xaneiro lemos dúas novelas que recomendamos porque nos
gustaron moito.*
*Trátase de A trenza, de Laetitia Colombani e Golpes de luz, de L...
Booktubers Librionesxs
-
Na biblioteca escolar d*o IES de Brión* o alumnado do *club de lectura*
fala sobre libros e comparte as súas lecturas a través do vídeo e da radio.
...
Adeus co corazón...
-
Ímonos con sabor agridoce. Despois de máis de dous anos traballando no blog
e na biblioteca, con inconmensurables doses de ilusión, chegamos a un
punto no...
1 comentario:
Gracias BBB,
Borja, quiero agradecerte sinceramente el apoyo y ayuda que me has prestado a mi y a la OFG.
Gracias por la difusión del concierto, así como por la ayuda que me prestaste en el diseño del programa de mano del concierto; y como guinda, también en el diseño del blog OFG.
Quedas nombrado "flautista honorífico" de la Orquestra de Frautas de Galicia.
Gracias BBB
(para los que no lo sepan: Borja, Bibliotecario, Blog)
Publicar un comentario