É certo, que se cumprísemos con todas as celebracións que cada día o noso planeta propón, non habería tempo para facer máis nada. Hai celebracións ben frikis, hainas, pero tamén hai outras que non está mal lembrar. E aquí estamos nós, porque hoxe celébrase o Día da Biblioteca. Dende o ano 1997, nesta data trátase de chamar a atención da sociedade acerca deste estupendo servizo público que, se cadra, aínda non é apreciado dabondo. Pola miña parte, compartirei con vós as dúas características das bibliotecas que máis me levan a miúdo a elas: un lugar cheo de fabulosos mestres (Bal y Gay, Ortega y Gasset, Schönberg, etc.) dispostos a ensinarme unha morea de cousas, sempre con moita paciencia e ademais de balde; e un lugar no que nós mesmos, coas desideratas, podemos facer medrar o seu catálogo. Para min, chega ben.Un saúdo!




1 comentario:
He buscado "biblioteca" en la wikipedia y nos ofrece varias definiciones, para posteriormente resumirlas en los siguientes puntos.
Cito:
"En todas las definiciones distinguimos tres elementos fundamentales:
Colección.
Organización.
Uso.
A estos tres elementos acompaña un cuarto factor, el personal encargado de su gestión y que es pieza clave del conjunto."
Atendiendo a estos aspectos, está claro que nuestra biblioteca goza de una excelente salud, especialmente teniendo en cuenta el "cuarto factor".
Os imaginais un mundo en el que las agencias como Moodys' midiesen la salud de un país por su número y uso de bibliotecas, salas de concierto, museos, parques,...sé que es una utopía, pero tendréis que reconocer que sería un bonito lugar.
Felicidades a nuestra biblioteca(rio).
Publicar un comentario