13/10/11

A traballar!!

Os que, por razóns académicas, andades día si e día non polo Conservatorio, ben sabedes que a Biblioteca xa está a funcionar fai dúas semanas. O seu motor está pouco a pouco collendo marcha, e agardamos que chegando ao Venres da vindeira semana estea xa traballando ao cen por cen.
Vexamos, primeiro as pequenas novidades que xa podemos palpar: as novas mesas (nas que nada esvara!) e o ordenador para consultar o catálogo ou para facer pequenas consultas na Internet. Ademais, este ano o horario de apertura vai dende as catro ata as nove do Luns ao Venres, ademais de tres horas na mañá deste último día.
En canto ás actividades programadas para este curso, agardamos poñer a camiñar todas as que pouco a pouco van sendo xa «tradicionais» para nós: as encrucilladas, os talleres, as citas no Día do libro, o concurso na Primavera ou o premio Comecontos. E despois destas «clásicas» (como as do Ciclismo) temos no peto algunhas poucas ideas das que esperamos que axuden a dinamizar este benquerido espazo do centro.
Polo de agora pouco maís, Eu, como podedes ver na fotografía, puxen xa o traxe de faena. A que teño boa pinta?


Un saúdo!
(O da foto é Janus Dousa, o primeiro bibliotecario da Universidade de Leiden)

1 comentario:

Usuaria dijo...

O cambio de look é verdadeiramente radical....¿Onde deixaches os jeans e a camisa de cadros? Os usuarios van quedar abraiados perante a túa nova indumentaria... Boa falla fai a armadura nestes tempos!
Gústame, moi vintage!!

Aburiño!