Non, só se trata da publicación da Programación da Biblioteca para este xa algo avanzado curso.
Despois de darlle non poucas voltas ao calendario, aquí vos presentamos con lugar, data e hora as actividades que nos propuxemos para este ano. É ben certo que unha programación concreta en canto a lugares, datas e mesmo horas é sempre algo obrigado se desexamos unha axeitada organización. Non é boa cousa que parte da nosa comunidade escolar descoñeza, por exemplo, se este ano vai haber «Cóntamo con tempo», e se o vai haber, onde, cando e a que hora. Así que aquí vai o documento, que esperamos ademais publicar de diferentes maneiras: nunha ligazón nesta entrada, e de maneira permanente na columna da dereita. A versión dixital correspóndese co cartel que xa está colgado no centro.Ata outra!




No hay comentarios:
Publicar un comentario