24/11/12

Elizabeth e Richard

Elizabeth, unha fermosa biblioteca, e Richard, un xove blogue, casaban o 24 de Outubro de 2008. En Decembro de 2010, despois de dous anos de intensa relación e non sen pesar, separábanse. Pouco máis de catro meses despois volvían compartir ceros e uns na virtual Blogosfera, aínda así, e a pesar de que os papeis dicían que todo seguía igual, as cousas xa non eran as mesmas; había distanciamento, cada un polo seu lado.
Hoxe, somos espectadores da súa segunda separación, din eles, que esta vez por bastante tempo. Volverán xuntarse?

Dacordo, só era unha pequena broma ao xeito de crónica rosa. É que ao comezar a elaboración dunha entrada adicada a informar que outra vez era preciso parar a actividade no Blogue, foi necesario botar man dalgunha charabisca que fixera máis doado o asunto. Si, hai que parar. As tarefas máis substanciais da nosa actividade docente deben ir sempre antes que outras, máis accesorias, coma a administración do blogue da biblioteca. Hai que botar lastre fora do cesto para que o globo prosiga o seu camiño.
Polo de agora quedamos co Twitter, e respecto a esta parcela da Blogosfera hai que volver con Elizabeth e Richard, e así, ademais, aclaramos a broma. A actriz Elizabeth Taylor e máis o actor Richard Burton casaron, separáronse, casaron outra vez, e volveron separarse. Andaban tanto moi queridos coma moi pelexados. Pois o caso é que Richard, uns días antes de morrer, e cando levaban xa algúns anos separados, aínda escribía a Elizabeth para pedirlle unha nova oportunidade e poder regresar a casa. E aquí o mesmo, o Blogue a Biblioteca, xuntos, separados, así son as cousas!

Vémonos polo Twitter, un saúdo!

3 comentarios:

Pablo Coria dijo...

A los telespectadores sólo nos queda agradecer sinceramente las grandes películas que hemos podido disfrutar y que ademś siguen estando ahí al alcance de todos y, por otro lado, esperar que en un futuro próximo Richard y Elizabeth vuelvan a unirse una vez más.

Seguimos en la blogosfera y ahora en la blogoespera...

cocodrilo astronauta dijo...

vaia! non sabía que a biblioteca tiña twitter! supoño que ó principio custa mantelo, precísase tempo para darse a coñecer; pero moito ánimo! é unha gran idea! :D

Loida dijo...

Sempre o dixen, a Taylor é unha desas que precisan moita atención, mecos, coidados e, por riba de todo, moito, moito tempo só para ela. Eu estou contigo, Richard, seica terá que afacerse a promocionarse e publicitar a súa imaxe sen ti, porque hainas que pensan tanto en sí mesmas que... nin que foran Cleopatra!