A Secretaría Xeral de Política Lingüística convocou este ano con motivo das letras Galegas un concurso para a elaboración dunha exposición sobre a obra, época e lingua de Ramón Piñeiro. O gañador na categoría de Educación Secundaria foi o IES de Beade en Vigo, e o de Educación Primaria foi o CRA Mestre Manuel Garcés de Tomiño en Pontevedra. Todos os carteis e os materiais didácticos pódense descargar na páxina do IES de Beade ou na da Secretaría de Política Lingüística... e nós organizamos unha pequena e sinxela exposición cos elaborados polo IES que podedes contemplar no andar superior do Conservatorio detrás da Biblioteca. Déixovos tamén os carteis da exposición para que os vexades dende aí...Un saúdo!




1 comentario:
hola
enoraboa polo teu blog
un saudo!!!!
Publicar un comentario