O vindeiro Domingo 17 deste mes de Maio celebramos o Día das Letras Galegas, adicado este ano ao ensaísta e político Ramón Piñeiro. Este día comezou a celebrarse no ano 1963 coincidindo co centenario da publicación de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro. Dende ese ano, a Real Academia Galega adica esta celebración a unha figura senlleira da literatura galega. Na Internet hai unha morea de referencias, tanto a Piñeiro coma á celebración en si. Aquí vos van algunhas ligazóns...- Ramón Piñeiro en culturagalega.org
- O Día das Letras Galegas en Galicia Dixital
- Ramón Piñeiro na revista Praza das Letras
- Ramón Piñeiro na Wikipedia
- Ramón Piñeiro na Real Academia Galega
- O Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades
Un saúdo!




1 comentario:
hola
enorabuena por tu blog
un saludo!!!!
raul
Publicar un comentario