Máis cousas sobre as Letras Galegas... dende onte pola tarde podemos contemplar na Biblioteca unha pequena mostra de material galego e unha lembranza a Ramón Piñeiro. O texto acerca de Piñeiro, que podedes levar, o atoparedes na mesa da fotografía nunha pequena folla de cor azul. Tamén é posible descargalo nesta ligazón.
Ata máis ver!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
2 comentarios:
Penso que o "Día das letras galegas", tamen pode ser un pouco o "Día das notas galegas" e servir para coñecer o repertorio que fan hoxe os nosos compositores. Pódemos facelo a traves do "buscador de recursos musicais" que nos ofrece a Xunta.
Neste buscador podemos encontrar e baixar partituras para tódolos instrumentos. A dirección é:
http://www.edu.xunta.es/rmusicais/index.php
Un saúdo
Pablo Coria
Moitas grazas Pablo polo teu apuntamento!
Espero en pouco tempo publicar un pequeno dossier con recursos na Internet para a descarga de partituras, entre estes sen dúbida o que ti mencionas.
Un saúdo
Publicar un comentario