Xa regresei das Xornadas e o certo é que resultaron, coma sempre, moi proveitosas. Ademais de poder atopar a outros raros coma min de todo isto das bibliotecas escolares, e traer un feixe de material, están as boas ideas e reflexións que veñen conmigo no meu caderno de notas. Despois está a coidada organización, a pausa-café... En resumo, todo moi ben... Aquí vos deixo a miña pequena aportación documental e a ligazón á páxina onde podedes atopar todo o material das Xornadas.
Parabéns para toda a Asesoría de Bibliotecas Escolares!
Ler non é caro!! (polo menos en internet)
-
Así que xa sabes: acabáronseche as escusas. Se sabes onde buscar, atoparás
en internet moitos sitios que ofrecen lecturas gratis ben en liña ou ben
para...
Hace 16 horas




No hay comentarios:
Publicar un comentario