21/10/09

Empréstitos... e o carné!

Dende hoxe 21 de Outubro xa é posible solicitar o carné de lector, e o servizo de empréstito volve tamén a funcionar. Lembrámosvos que para obter o voso carné tedes que cubrir a solicitude que atoparedes na Biblioteca ou na Conserxería. Á solicitude debedes engadir unha foto. Este curso fixemos unha pequena modificación na vixencia do carné ampliándoa ata os dous anos. Lembrade que o carné só é necesario para levar materiais en empréstito; para ir á Biblioteca e estar nela, ler, escoitar música ou navegar por Internet non precisades máis que ir... ...e xa sabedes que a Biblioteca esta aberta a todos: pais e nais, alumnos e alumnas.

Un saúdo e ata pronto!

1 comentario:

Anónimo dijo...

Don Borja:
Ese señor de peluca que ameaza con acudir á biblio ten a costume de levar sable ao cinto. Mesmo cando está a dar clase de cravo. Así que olliño con él, non sexa que cando vexa as partituras co "shember" ese vaia a liarse a paos con vostede, e non cousa de que deixe horfas ás súas fillas, tan cedo.
Así que ollo...