27/1/10

Arpeggione?

Arpeggione... o significado desta palabra lévanos a un instrumento e a unha fermosa composición. O arpeggione é un instrumento de corda parente da guitarra xa que ten seis cordas ademais de trastes, e do violoncello ao empregarse un arco para facelo soar e tamén polo xeito de tocalo. Este instrumento o inventou o vienés Johann Georg Staufer en 1823 e aínda que sempre tivo os seus intérpretes ben adicados a el, pode dicirse que non é verdadeiramente moi coñecido. En canto á fermosa composición, trátase da sonata en La menor que Franz Schubert escribiu en 1824. Da música só pode falar axeitadamente a propia música. O caso é que a sonata é xeralmente interpretada nun violoncello, e toda esta introdución é para recomendar un disco que está na nosa mesa de novidades: a gravación que Mstislav Rostropovich e Benjamin Britten fixeron da sonata en 1968. E que opinades da mestura? Schubert-Rostropovich-Britten...

Que a disfrutedes!

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Arpeggione era como unha guitarra. E resulta interesante coñecer que Schubert tocaba ese instrumento para comprender as figuracións que facía no piano, de tipo guitarrístico: eses acompañamentos en breves arpexios tan característicos da guitarra.
Unha curiosidade que explica certas cousas.
Saúdos

Andrea M. dijo...

Si esto va de recomendaciones, hay veces que no hace falta bucear entre un montón de catálogos de cd´s para encontrar alternativas. Me remito a los últimos premios Midem ( Midem Classical Awards),y aunque el galardón no siempre es síntoma de excelencia, pienso que son referencias a valorar. Los ganadores de este año y los anteriores.
http://www.midemclassicalawards.com/node/738
Enhorabuena al blog!!

CARMELA dijo...

Este é un instrumento o que se di, un pouco raro, pero seguro que moi bonito e con bon sonido.

1 saúdo.
Que teñades un bo día.