Hai dous días chegaba, nun comentario, un agasallo ben xeitoso dos nosos compañeiros e compañeiras da Biblioteca do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes. É o premio Vale a pena ficar de olho nesse blog!, un recoñecemento que obriga a ligar o blogue co que nos otorgara o premio, e con outros dez máis nos que, segundo o noso criterio, tamén vale a pena ficar de olho. Estes son...- Escuela Rural Virtual
- CEIP Concepción Arenal
- Poesia Infantil i Juvenil
- Cousas de peques
- Pasa Páxina
- Bibliocabe
- Biblioteca de Baiona
- Castro de Baronceli
- Blog de la Biblioteca "Jorge Luis Borges" ICNY
- Bibliotecas Escolares de Guipúzcoa
Tomade o voso tempo e visitádeos...
Unha aperta e parabéns!




2 comentarios:
Moitísimas grazas polo premio, de parte do blogue "cousas de peques"!!!!
Moitas grazas por lembrarse de nós. Adiante coa música.
Publicar un comentario