14/4/10

Papiroflexia!

- Que andas a facer?
- Papiroflexia
- ...o que?
Pasa moi a miúdo, porque isto de andar a dobrar papeles as veces semella unha actividade algo... como se di, friki? Pois non, a papiroflexia é un traballo manual que estimula un feixe de capacidades e destrezas, ademais de ser algo moi entretido e, as veces, útil. Non hai que esquecer tampouco que é esta unha actividade moi económica, tanto que un podería facer papiroflexia sen gastar un patacón só reutilizando os moitos quilos de publicidade que chegan ás nosas casas cada día. Esta actividade, que tamén coñecemos como origami, foi moi practicada por persoeiros como Unamuno, que a chamaba cocotología, ou o pedagogo xermano Fröbel.
E nós na Biblioteca programamos un pequeno taller aberto a toda a comunidade educativa para o Sábado 8 de Maio entre as 11 e as 12'30. O taller está limitado a 15 prazas que se ocuparán por orde de inscrición. Para inscribirvos só tedes que cubrir a folla que atoparedes na Biblioteca e despois entregala no mesmo lugar. Ao pechar a inscrición publicarase a listaxe cos inscritos. E para os que vos quededes sen poder asistir, temos a intención de que este taller non sexa o único.
Unha cousa máis, o web máis fantástico dos que hasta hoxe atopei adicados á papiroflexia; trátase de Origami Club, unha hiperorganizada páxina chea de estupendos modelos de moi distintas dificultades creada polo deseñador gráfico xapones Fumiaki Shingu.

Un saúdo!

3 comentarios:

María Pilar dijo...

Xa sabedes que Miguel de Unamuno era un gran apaixoado da papiroflexia. E existe un libro de Unamuno publicado por Alianza Editorial, creo recordar, baixo o título "El libro de la pajaritas de papel".
Saúdos

cocodrilo astronauta dijo...

Sorpréndeme moito que con tan só unha folliña se poidan crear figuriñas tan fermosas. Eu apenas sei facer unha paxariña, pero teño un tío que chega a dar feito esquíos, ratos e toda a fauna galega... Xenial a actividade que estades a realizar, e moi interesante.
Ata outra!

Maria dijo...

Que cousas tan lindas se poden facer e que inútil son para iso.
Ben, ao que viña: deixamos un presentiño para vós no noso blogue:
http://bibliolhosgrandes.blogspot.com/
Boas leituras.
Abrazo
Maria