14/6/10

Unha enchenta de cousas!

Xa non sei cantos días pasaron dende que arranquei a última entrada... É que estes días andivemos nunha morea de asuntos, por outra parte os propios desta época do curso. A ver... o Venres, ás catro, levábase a cabo no auditorio a entrega de premios dos marcapáxinas, CreActividade, Comecontos e a recolleita de refráns e cantigas sobre música e músicos que organizaba o ENDL.
O acto de entrega foi estupendo, poideron asistir todos os premiados, e ademais tivemos moito público xa que o acto coincidiu, máis ben nos colamos... co conto O osito de peluche e os animais. Os premiados do concurso de marcapáxinas son xa coñecidos no Blogue, Dina, Sergio e Carlos. Pablo, o gañador de CreActividade tamén puido recoller o seu agasallo. O Comecontos 2010, do que aínda non vos falamos foi Anxo Fernández Arias, que ao longo do curso fixo vintesete empréstitos, parabéns! En canto á recolleita do ENDL, o premio foise para a nosa violinista Alba Vázquez López... e penso que non me resta ningún...
E o Venres, OOHHH!!!! pechábase a Biblioteca ata o vindeiro curso; agora é o momento de facer resumo, ou memoria que é o termo oficial. Xa vos traerei unha breve adaptación blogueira, que non quero ser pesado.

E como quero publicar todo isto xa, ata outra!

1 comentario:

Anónimo dijo...

Noraboa polo voso traballo, o esforzo e as horas invertidas nun proxecto cultural e lúdico que supón un beneficio para todos, como é a conservación e crecemento da nosa biblioteca. E parabéns a toda a comunidade educativa, profesores, pais, nais, alumnos que participaron nas actividades e o fan posible. Ata o ano que ven!!!