É este o título dunha das miñas lecturas este Verán. Foi un achado nas novidades da biblioteca pública hai xa algo máis dunha semana. O libro, escrito por Francisco Xavier Redondo Abal e publicado por Laiovento este mesmo ano, trata como reza o seu subtítulo, das bibliotecas na Galicia da II República e a súa destrución durante a Guerra Civil. É un traballo que enche un baleiro que había respecto a este asunto, no que atopamos o esforzo daqueles homes e mulleres das Misións Pedagóxicas por levar a cultura ata os máis pequenos recunchos da nosa terra; a creación de centos de bibliotecas en Galicia e a súa posterior destrución polas forzas sublevadas.
Para coñecer algo máis sobre as Misións Pedagóxicas podedes visitar na rede unha exposición que sobre estas organizou hai algún tempo a Residencia de Estudiantes.
Ao respecto de todo isto aquí vos vai un vídeo publicado pola Biblioteca Nacional acerca da enorme labor feita polos que traballaban alí durante eses anos para protexer os libros das bombas que caían sobre a capital.
Un saúdo!
A forza de romper o silencio
-
A alumna de 1º ESO B Mariam Serbout Barrass conseguiu o 1º premio do
concurso de Microrrelatos contra a violencia de xénero convocado polo EDL e
a Bibl...
Hace 15 horas
1 comentario:
Sr. Borja Durán:
Está vostede a facer un traballo que é de xustiza valoralo moi positivamente.
Noraboa e adiante!!!
Publicar un comentario