22/7/09

Os consellos de Schumann

Para moitos músicos coma min, os Consellos para os músicos novos. Regras para a casa e a vida de Robert Schumann eran só unhas poucas páxinas que acompañaban ao seu Álbum para a Xuventude, e que a pesar de atoparse aí, tan preto, non sempre eran obxecto da nosa atención. Schumann escribiu este texto en 1848 achegándoo despois á segunda edición do devandito álbum. Son setenta consellos, moitos ben proveitosos, que é preciso coñecer. O documento o podedes ver calcando dúas veces nel ou descargalo nesta ligazón.

Un saúdo!


3 comentarios:

Unknown dijo...

Nos consellos de Schumann non consta o comentario segundo o cal o profesorado encargado da biblioteca debería repousar nos meses do vran, para así poder coller forzas para que o curso próximo poida levantar coas súas mans os sesudos volúmenes que todo músico ben formado debe coñecer.
Ánimo Borja: descansa xa!

Daniel Borja Durán Alonso dijo...

Moitas grazas polo teu comentario. É certo, o descanso do Verán é verdadeiramente necesario para abordar o traballo do curso, pero para min traballar un pouco no Blogue neste tempo, unhas veces debaixo dunha cereixeira e outras na miña casa, case non é traballar. En calquera caso recollo o apuntamento.
Un saúdo!

Pablo Coria dijo...

Mi voto es para los consejos: 45, 46 y 70.

Un saludo a todos