Máis en concreto 917,6 metros de estantería é o que Google durante dous anos dixitalizou do catálogo da Biblioteca de Catalunya. Esta é a ligazón á nova no xornal El País. Hai pouco sabiamos tamén do acordo entre a Biblioteca Nacional e Google para publicar os seus fondos dixitalizados en Google Books. Algo máis atras no tempo coñeciamos a Biblioteca Dixital Mundial e a Europeana. O certo e que esta nova serviume de escusa para adicar unha entrada á biblioteca catalana. Verdadeiramente merece a pena coñecela aínda que sexa de maneira virtual. Está aloxada nun fermoso edificio do Século XV que foi hospital. Ofrece un feixe de servizos aos usuarios e publican unha estupenda guía...
Supoño que para nós os galegos que estamos a poñer a camiñar a nosa Biblioteca Galega, esta así coma outras debe ser unha referencia.
Ata outra!
Que tal hoxe un poema de Mario Obrero?
-
Mario Obrero, poeta español nacido en 2003 en Madrid, autor do poemario *Tiempos
mágicos*, ao que pertence este poema.
Hace 18 horas
1 comentario:
Me gusta este blog es variado y util enhorabuena.
Un saludo.
www.martayefra.blogspot.com
Publicar un comentario